lunes, 1 de junio de 2009

1 de xuño

Unha botella medio baleiro, un bolígrafo, un estoxo, apuntes e un portátil.
Moita xente ó redor, no mesmo período de idade
Falando, navegando pola rede, estudando, escribindo, bocexando, mastigando goma de mascar...
Santiago de Compostela
2009

Agora mesmo digamos que me atopo nun estado...como diríamos?
Pésimo, negativo, frustrado, odiado...
O feito de non presentarme a un exame non é prato de gusto para ninguén.
Mais hoxe serei positivo. Direime a mín mesmo que o que elixín é correcto, o máis positivo neste momento.
Non me atopo con forzas como para enfrontarme a esta proba, a esta materia, a estragar o meu expediente académico tontamente...

Simplemente, creo que é a mellor opción

Para levar todo con calma

Para ter unha última oportunidade

Para vencer o Roland Garros que todos anhelamos

Para suar a camiseta, para loitar polo que se quere

Un pode ter soños, pero sen esforzo, non hai soños que vallan

Hoxe síntome ben. Quero seguir loitando!!!

Afróntate á realidade.

"Caminante no hay camino; se hace camino al andar"

A por todas












...Para todos aqueles que están nun baixón, e non se dan reposto. Digo por experiencia que costa, pero ó final o bo e satisfactorio é o que máis traballo dá!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario