miércoles, 29 de julio de 2009

De volta para casiña

29 de xullo. Santiago de Compostela.

Xa pasou o tempo de estadía na capital: volto para o meu lar, coa miña familia, amigos, xente...

^Unha nova etapa, con novos obxectivos de cara o futuro^

sábado, 18 de julio de 2009

Mes de xullo

O tempo volve correr da miña conta...

...o mes de xullo, pasa á fume de carozo...

Prácticas, cursos, notas, festas, praia, series, HP...

martes, 7 de julio de 2009

Sentirse querido

Sentirse querido é algo moi doado de dicir, pero moi difícil de levarse a cabo.
Sínteste querido cando te atopas mal, e te axudan.
Cando te tenden unha man cando te caiches.
Cando te ofrecen luz cando andas ás escuras.
Cando te tiran un salvavidas mentres te estabas afogando.
Cando te chaman cando te sintes mal.

Un elemento necesario para sentirse querido é atopar á persoa apropiada, que se preocupe por ti, á que lle importas... e pola experiencia penso que é unha utopía...

Simplemente, sempre che queda a familia...

que alivio...

aí si me sento querido :D

lunes, 6 de julio de 2009

Non deixes para mañá o que debes facer hoxe

"Fai dous séculos, Benjamin Franklin revelou ó mundo o segredo do seu éxito: 'Nunca deixes para mañá o que poidas facer hoxe'. El descubriu a electricidade. A xente debería prestar atención ás cousas que dixo. Non sei por que sempre pospoñemos todo. Pero se tivera que adiviñalo, diría que ten algo que ver co medo. O medo ó fracaso. O medo á dor. O medo ó rexeitamento."
Do guión de Anatomía de Grey, episodio 6. Tempada 1.

martes, 30 de junio de 2009

O último pulo

8.11 da mañá, calor, mes de xullo, farto de estudar e estar pechado...

Non podo máis, as últimas horas antes de rematar o período de exames fanse interminables, agotadoras, aburridas...

Como subir unha montaña nos últimos metros antes de chegar ó cumio

Como finalizar unha carreira popular cando só quedan 100 metros

Porque din que o que máis custa dun partido de tenis non é o propio xogo en si, senón o feito de pechalo, de rematalo...

Os nervios, o desexo, a proximidade das vacacións... poden con un

Pero non vou deixar que logren acabar comigo!!!

48 horas para o final

viernes, 26 de junio de 2009

Queda menos

Un exame e xa vacacións...

Non fiquei en Larisa, fun parar á Guerra de Troia...

martes, 16 de junio de 2009

Vai quedando menos - Troia

Está comprobado que o que máis costa dunha carreira non é comezala, nin tan sequera rematala. Senón cando un vai pola metade do percorrido.

Non tes outra que seguir e seguir, xa que cada vez vai quedando menos...

Se te paras, todo o que lograches ata o de agora esfumarase...

Non te queda outra que seguir, que coller forzas... porque o primeiro obxectivo está rematado...pero aínda quedan uns cantos máis...

"Se ficas en Larisa, terás paz, unha muller marabillosa, terás fillos e fillas que á súa vez terán descendencia, e amarante, e cando non estés, recordarante. Cando os teus fillos e os fillos dos teus fillos morran, o teu nome perderase. Se acudes a Troia, túa será a gloria. Escribirán epopeias das túas vitorias durante miles de anos. O mundo recordará o teu nome. Pero se acodes a Troia, non voltarás a casa, posto que a túa gloria e a túa maldición camiñan xuntas da man, e eu non voltarei a verte"

Tetis a Aquiles antes da súa partida á Guerra de Troia