8.11 da mañá, calor, mes de xullo, farto de estudar e estar pechado...
Non podo máis, as últimas horas antes de rematar o período de exames fanse interminables, agotadoras, aburridas...
Como subir unha montaña nos últimos metros antes de chegar ó cumio
Como finalizar unha carreira popular cando só quedan 100 metros
Porque din que o que máis custa dun partido de tenis non é o propio xogo en si, senón o feito de pechalo, de rematalo...
Os nervios, o desexo, a proximidade das vacacións... poden con un
Pero non vou deixar que logren acabar comigo!!!
48 horas para o final
martes, 30 de junio de 2009
viernes, 26 de junio de 2009
martes, 16 de junio de 2009
Vai quedando menos - Troia
Está comprobado que o que máis costa dunha carreira non é comezala, nin tan sequera rematala. Senón cando un vai pola metade do percorrido.
Non tes outra que seguir e seguir, xa que cada vez vai quedando menos...
Se te paras, todo o que lograches ata o de agora esfumarase...
Non te queda outra que seguir, que coller forzas... porque o primeiro obxectivo está rematado...pero aínda quedan uns cantos máis...
"Se ficas en Larisa, terás paz, unha muller marabillosa, terás fillos e fillas que á súa vez terán descendencia, e amarante, e cando non estés, recordarante. Cando os teus fillos e os fillos dos teus fillos morran, o teu nome perderase. Se acudes a Troia, túa será a gloria. Escribirán epopeias das túas vitorias durante miles de anos. O mundo recordará o teu nome. Pero se acodes a Troia, non voltarás a casa, posto que a túa gloria e a túa maldición camiñan xuntas da man, e eu non voltarei a verte"
Tetis a Aquiles antes da súa partida á Guerra de Troia

sábado, 6 de junio de 2009
O precipicio
Din que todos e cada un de nós reacciona dunha maneira absolutamente asombrosa cando está ó límite, ó precipicio...
Cando non queda outra, somos capaces de saca-lo mellor de nós para loitar, saír a flote, para lograr os nosos obxectivos...
E iso é realmente o que me está pasando
¬¬ os meses de xuño en Santiago sonche así...
Ata o 3 de xullo diremos que... non queda outra que loitar por "non caerse do precipicio", para atopar a estupenda paisaxe que queda para o outro lado...
Un saúdo para todos os que estedes en Santiago pasando o verao!

lunes, 1 de junio de 2009
1 de xuño
Unha botella medio baleiro, un bolígrafo, un estoxo, apuntes e un portátil.
Moita xente ó redor, no mesmo período de idade
Falando, navegando pola rede, estudando, escribindo, bocexando, mastigando goma de mascar...
Santiago de Compostela
2009
Agora mesmo digamos que me atopo nun estado...como diríamos?
Pésimo, negativo, frustrado, odiado...
O feito de non presentarme a un exame non é prato de gusto para ninguén.
Mais hoxe serei positivo. Direime a mín mesmo que o que elixín é correcto, o máis positivo neste momento.
Non me atopo con forzas como para enfrontarme a esta proba, a esta materia, a estragar o meu expediente académico tontamente...
Simplemente, creo que é a mellor opción
Para levar todo con calma
Para ter unha última oportunidade
Para vencer o Roland Garros que todos anhelamos
Para suar a camiseta, para loitar polo que se quere
Un pode ter soños, pero sen esforzo, non hai soños que vallan
Hoxe síntome ben. Quero seguir loitando!!!
Afróntate á realidade.
"Caminante no hay camino; se hace camino al andar"
A por todas
...Para todos aqueles que están nun baixón, e non se dan reposto. Digo por experiencia que costa, pero ó final o bo e satisfactorio é o que máis traballo dá!!!

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)